Protocolo de Kyoto

    O acordo para reducir 5,2 por cento en 2012 as emisións de gases de efecto invernadoiro acadado na Terceira Conferencia das Partes da Convención das Nacións Unidas sobre Cambio Climático, celebrada del 1 ó 11 de decembro en Kioto, Xapón, xa é considerado un tratado a medias, cheo de lagoas. Moitos dos temas causantes de división, entre eles o polémico comercio de emisións, non foron resoltos, quedando pospostos para discusións a celebrarse o ano próximo.


    Aínda así, é a primeira vez que 34 países industrializados comprométense legalmente a metas para a redución da produción de gases con efecto invernadoiro, causantes do quecemento do planeta. Estes mesmos países comprometéronse na Cumbre da Terra de Río de Xaneiro en 1992 a reducir as emisións no ano 2000 ós niveis de 1900. Mais a maioría non o fixo. De feito, as súas emisións aumentaron entre oito e nove por cento dende 1990.


    Despois de estender un día as conversas fixadas entre o 1 e o 10 de decembro, negociadores de 160 países ratificaron formalmente o protocolo de Kioto. Finalmente Estados Unidos, o maior produtor de dióxido de carbono responsable do 25 por cento das emisións totais, dixo que as reduciría sete por cento por debaixo dos niveis de 1990 antes do 2012. A Unión Europea, que buscara unha redución uniforme de 15 por cento entre os países industrializados, dixo que reduciría as emisións oito por cento en 2012 e Xapón comprometeuse a reducilas en seis por cento en ese ano.


volver