Enerxías renovables

ENERXÍA SOLAR TERMICA

ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA

MINIHIDRAULICA

ENERXÍA EÓLICA

ENERXÍA XEOTÉRMICA

BIOMASA


(volver)



ENERXÍA SOLAR TÉRMICA


    O seu funcionamento radica no quecemento de auga mediante a utilización da enerxía solar. Mais aló de ser unha simple alternativa ecolóxica, converteuse nunha tecnoloxía economicamente atractiva e competitiva.


    Nos últimos anos estase a producir un aumento notable de instalacións de enerxía solar térmica a causa, entre outras da sensibilidade crecente da sociedade cara a necesidade de substituír os combustibles fósiles e, por outra, dos avances nos sistemas (mellora da calidade e redución de custos). As principais aplicacións da enerxía solar térmica son as seguintes:

    De tódalas formas de captación térmica de enerxía solar, as que adquiriron un desenvolvemento comercial en España foron os sistemas para a súa utilización a baixa temperatura mediante colectores planos sen seguimento solar.


    A aplicación máis xeneralizada é a produción de auga quente sanitaria. O seu principio de funcionamento é sinxelo, baséase na captación da enerxía solar mediante un conxunto de colectores e a súa transferencia a un sistema de almacenamento, que abastece o consumo cando é preciso.


    Unha instalación de enerxía solar térmica a baixa temperatura componse principalmente dos subsistemas de captación, transporte e almacenaxe.

Enlaces de interese:

www.solarweb.net

www.censolar.es


(subir)



ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA


    Outra forma de aproveitamento da radiación solar consiste na transformación directa en enerxía eléctrica mediante o efecto fotovoltaico.


    Coa tecnoloxía actualmente dispoñible, o uso da enerxía por procedementos fotovoltaicos presenta vantaxes notables para cubrir pequenos consumos illados da rede de distribución eléctrica e asociados a aplicacións domésticas, instalacións agrícolas e gandeiras, iluminación, sinalización e comunicacións.


    Ademais, actualmente estanse a levar a cabo conexións a rede eléctrica de pequenas instalacións fotovoltaicas promovidas por particulares, estando as compañías fornecedoras de electricidade obrigadas a mercar esta enerxía inxectada ás súas redes.


    A continuación enuméranse algunhas das aplicacións que hoxe en días se lle dá á enerxía solar fotovoltaica. En definitiva, o seu uso é ideal alí onde se requira un fornezo de enerxía continuo e fiable sen necesidade de dependencias derivadas das fontes de enerxía convencional.

Enlaces de interese:

www.solarweb.net

www.censolar.es


(subir)



ENERXÍA HIDRAULICA


    Mentres uns apoian a enerxía hidráulica por ser limpa, outros a rexeitan polo efecto negativo que producen as grandes centrais sobre a conca do río. Isto non sucede coa minihidráulica, que aproveita o auga sen estragar o canle.


    A enerxía minihidráulica provén dunha instalación na que a presa, si é que a hai xa que non sempre é precisa, non debe exceder 15 metros de altura e a potencia non superará os 10 megavatios. Adoitan ser instalacións modestas, que comezaron a construírse a comezos do século XX e que daban luz a pequenas poboacións.


  As comunidades que máis potencia teñen instalada en esta pequenas centrais son Castilla-León, con 232 megavatios, Cataluña y Andalucía. Non entanto, si se relacionan coa poboación ou coa superficie, Navarra e A Rioja sitúanse na cabeza. Murcia e Valencia son as que contan con menos potencia instalada en minihidráulica.


    A finalidade dunha central hidroeléctrica é aproveitar a enerxía dun curso de auga como consecuencia da diferenza de nivel existente entre dous puntos, transformándoa en enerxía eléctrica dispoñible no punto máis baixo onde se sitúe a central.


  Existe una variedade de instalación diferentes para realizar esta transformación enerxética.


    Unha primeira clasificación segundo o tipo de central sería:

    Nas posibilidades de aproveitamento son elementos decisivos a pluviometría e a topografía. A enerxía cinética obtida mediante o emprego das turbinas hidráulicas é empregada na xeración de electricidade.


    En España adoitan ser abundantes na zona norte, aínda que como era preciso que catro persoas estivesen ao seu coidado foron pechando. Desta forma, mentres que en 1964 había 1.740 destas minicentrais en servizo, 30 anos despois só quedaban 965. Afortunadamente, aumentaron e agora existen case 1.500 que en 1998 un total de 35 megavatios.


(subir)


 

ENERXÍA EÓLICA


    Na actualidade, a enerxía eólica está a experimentar unha gran expansión, sobre todo na zona do noroeste peninsular. Constitúe unha alternativa a outras fontes de enerxía como son a enerxía nuclear, térmica,etc. todas elas altamente contaminantes.


    Trátase dunha tecnoloxía moi antiga que viviu o seu maior crecemento a partir da década dos 70 (debido á crise do petróleo do 73), e especialmente na última década.


    Este crecemento tan espectacular débese fundamentalmente á mellora do rendemento enerxético e a unha maior potencia de xeración, tanto en pequenos como en grandes sistemas eólicos, o que redunda nun achegamento entre a tecnoloxía eólica e os sistemas de xeración convencionais. É de importancia tamén, sinalar que na actualidade a creación de parques eólicos está fortemente subvencionada por fondos Europeos, facéndose moi apetecible a realización dos mesmos.


    O home ven utilizando a Enerxía do vento, xa no ano 5000 a.C., o vento propulsaba os pequenos notes ó longo do río Nilo. Fai 2000 anos, apareceron os primeiros moliños de vento en Persia, utilizados para moer o gran e bombear auga dos ríos. O vento era a segunda fonte de enerxía, só superada pola madeira.


    Cara finais do século XIX, construíronse miles de moliños en Estados Unidos e Canadá para bombear auga ás granxas e ranchos e máis tarde, para xerar electricidade. Pero coa era da Industrialización, primeiro en Europa e logo en America, chegou o paulatino declive dos moliños de vento. As máquinas de vapor e o reducido custo da enerxía eléctrica convencional fixeron que se substituíse a maior parte dos moliños utilizados para a extracción de auga.


    Non foi ata a crise do petróleo do 73 e a subida do prezo dos carburantes cando a humanidade volveu a interesarse pola fontes de enerxía renovables. Dende entón, desenvolvéronse novos deseños de turbinas eólicas que transformaron o vento en unha fonte de enerxía limpa, fiable e renovable.


    A enerxía eólica aproveita unha fonte de enerxía infinita, inesgotable e totalmente gratis como é o vento. A modo de exemplo: a enerxía cinética contida no vento, a escala mundial, é maior de 80 veces o consumo enerxético de toda a humanidade.


    Unha das maiores preocupacións dos países industrializados é o medo ó esgotamento das fontes tradicionais: carbón, petróleo, gas natural.O ritmo do consumo destas materias primas é tal que nun ano a humanidade consume o que a natureza tardou un millón de anos en producir. Polo tanto non é descavillado pensar que as reservas esgotaranse en anos futuros. A enerxía eólica aliviará esta preocupación.


   Outro factor importante é o carácter non contaminante desta fonte de enerxía: suprímense radicalmente os impactos orixinados polos combustibles durante a súa extracción, transformación,transporte e combustión, o que incide beneficiosamente na atmosfera, o chan, a auga.xa que as plantas eólicas evitan o efecto invernadoiro e a choiva ácida.


    Para rematar, o factor económico. As instalacións eólicas presentan unha rápida amortización, sendo para as grandes centrais 3 ou 5 meses. Ademais, ó longo da súa vida (uns 25 anos) xeran unhas 30 veces máis a enerxía que se empregou para a súa construción, término que se coñece como "balance de enerxía" dos sistemas eólicos. Na actualidade, o prezo da electricidade xerada mediante a enerxía eólica está en torno ós 5 cent/Kwh, un prezo moi competitivo comparado coas restantes formas de xerar enerxía.


    A modo de exemplo, preséntase na seguinte táboa as bondades dun sistema eólico de 10 Mw.

    Nesta rápida visión da enerxía eólica cabe destacar tamén certos inconvenientes. Malia de que as plantas eólicas presentan un impacto ambiental relativamente pequeno en comparación con outras fontes de enerxía convencionais, existe certo rexeitamento principalmente por parte dos naturistas. As razóns que esgrimen son:

    O aire, ó ser un fluído con peso específico moi baixo, require de grandes máquinas e en consecuencia caras. Por último, destacar o feito de que o vento é unha fonte de enerxía intermitente, e non sempre está presente cando se precisa. Polo tanto, o uso da enerxía eólica para autoabastecemento de electricidade require duns elementos acumuladores, que encarecen a instalación.


(subir)



ENERXÍA XEOTÉRMICA


    As plantas xeotérmicas basean o seu funcionamento no aproveitamento do calor xerado pola terra. A varios quilómetros de profundidade en terras volcánicas os xeólogos atoparon cámaras magmáticas, con rocha a varios centos de graos centígrados. Ademais en algúns lugares danse outras condicións especiais como son capas rochosas porosas e capas rochosas impermeables que atrapan auga e vapor de auga a altas temperaturas e presión e que impiden que estes saian á superficie. Si se combinan estas condicións prodúcese un xacemento xeotérmico.


    Unha vez que se dispón de pozos de explotación extráese o fluído xeotérmico que consiste nunha combinación de vapor, auga e outros minerais. Este condúcese cara á planta xeotérmica onde debe de ser tratado. Primeiro pasa por un separador de onde sae o vapor e a salmoira e líquidos de condensación e arrastre, que é unha combinación de auga e materiais. Esta última envíase a pozos de reinxección para que non se esgote o xacemento xeotérmico. O vapor continúa cara as turbinas que coa súa rotación moven un xerador que produce enerxía eléctrica. Despois da turbina o vapor é condensado e arrefriado en torres e lagoas.


    A enerxía xeotérmica ten varias vantaxes: o fluxo de produción de enerxía é constante ó longo do ano xa que non depende de variacións estacionais como choivas, caudais de ríos, etc. É un complemento ideal para as plantas hidroeléctricas.


    O vapor producido polos líquidos quentes naturais en sistemas xeotérmicos é unha alternativa ó que se obtén en plantas de enerxía por queimado de materia fósil, por fisión nuclear ou por outros medios. As perforacións modernas nos sistemas xeotérmicos acadan reservas de auga e de vapor, quentados por magma moito máis profundo, que atópanse ata os 3.000 metros baixo o nivel do mar. O vapor purifícase na boca do pozo antes de ser transportado en tubos grandes e illados ata as turbinas. A enerxía térmica pode obterse tamén a partir de géiseres e de gretas.


    Nalgunhas zoas da Terra, as rochas do subsolo atópanse a temperaturas elevadas. A enerxía almacenada nestas rochas coñécese como enerxía xeotérmica. Para poder extraer esta enerxía é precisa a presenza de xacementos de auga preto destas zoas quentes. A explotación deste fonte de enerxía realízase perforando o chan e extraendo a auga quente. Si a súa temperatura é suficientemente alta, a auga sairá en forma de vapor e poderase aproveitar para accionar unha turbina.


(subir)



BIOMASA


    A enerxía do sol é utilizada polas plantas para sintetizar a materia orgánica mediante o proceso da fotosíntese. Esta materia orgánica é incorporada e transformada polo reino animal, incluído o home. O home, ademais, a transforma por procedementos artificiais para obter bens de consumo. Todo este proceso da lugar a elementos utilizables directamente, pero tamén a subprodutos que teñen a posibilidade de atopar aplicación no campo enerxético.


   A única biomasa explotada actualmente para fins enerxéticos é a dos bosques. Non obstante, o recurso sistemático da biomasa dos bosques para cubrir a demanda enerxética só pode constituír unha opción razoable en países onde a densidade territorial de dita demanda sexa moi baixa, así como tamén a da poboación (Terceiro mundo).en España (polo demais país deficitario de madeira) só é razoable contemplar o aproveitamento enerxético da corta e saca e da limpa das explotacións forestais (leña, ramaxe, follaxe,etc.), así como dos residuos da industria da madeira. Neste sentido, a oferta enerxética subxacente ás leñas avaliouse en 2.500.000 tep, partindo da base de que a produción de leña (sempre en España) en t/ha é aproximadamente igual á carta parte da cifra correspondente ó crecemento anual de madeira, en m3/ha.


    Ó contrario das enerxías extraídas da tanatomasa (carbón, petróleo), a enerxía derivada da biomasa é renovable indefinidamente. Ó contrario das enerxías eólica e solar, a da biomasa é fácil de almacenar. En cambio,opera con enormes volumes combustibles que fan o seu transporte oneroso e constitúen un argumento a favor dunha utilización local e sobre todo rural. O seu rendemento, expresado en relación á enerxía solar incidente sobre as mesmas superficies, é moi débil (0,5%, contra 10% a 30% para pilas solares fotovoltaicas), pero as superficies terrestres e acuáticas, de que poden dispoñer non teñen comparación coas que poden cubrir, por exemplo, os captadores solares.


(subir)


volver