Historia da electricidade.

    A electricidade é hoxe tan necesaria que nos custa crer que hai miles de anos, a humanidade non soubo aproveitala. A electricidade sempre existiu na natureza pero o home non sabía como usala. Os nosos antepasados vían con temor, admiración e respecto os lóstregos, sen embargo, aprenderon a utilizar no seu proveito, o lume que os lóstregos acendían; e así comezou na noite dos séculos, a iluminación interior das cavernas onde vivían. Crese que a única propiedade da electricidade, coñecida por eles, foi a do ámbar que ó ser fretado atraía pequenos obxectos.


    No ano 1.660, Otto Von Guericke, físico Alemán, ideou a primeira máquina eléctrica, a cal non tivo aplicación práctica.


    En 1.729, o inglés Gray, descubriu a condutividade eléctrica e en 1.733 o francés Dufay demostrou que existían os polos negativo e positivo. Cara a 1.752, o estadista e científico norteamericano Benjamin Franklin, estudou experimentalmente a natureza do lóstrego e inventou o pararraios, mentres a fins dese mesmo século, o italiano Galvani, realizou en Europa, experimentos sobre a electricidade animal.


    Todo é mellorable, e a primeira pila de Volta Foi perfeccionándose. En 1836 foi mellorada polo británico John Daniell (1790-1845), quen logrou maior estabilidade e duración. Os seguintes adiantos na materia son outra historia.


    Antes disto, en 1820, deuse un gran salto na comprensión achega da relación entre a electricidade e o magnetismo. Nese ano o físico danés Hans Christian Oersted demostrou que unha corrente xeraba un campo magnético. Seguindo este descubrimento, André-Marie Ampère demostrou que un solenoide aumentaba considerablemente o campo magnético xerado, en proporción directa coa cantidade de voltas que se lle dese o cable.


Así, dende a pila de Volta, que permitiu traballar cunha corrente, os descubrimentos desencadeáronse velozmente.


volver