Enerxías non renovables

CARBÓN

PETROLEO

GAS NATURAL

NUCLEAR


(volver)



CARBÓN


    Trátase dun combustible fósil e sólido que atópase no subsolo da cortiza terrestre e que formouse a partir da materia orgánica dos bosques na Era Primaria.

A explotación do carbón representa un múltiple e acusado impacto sobre o medio ambiente, clasificándose basicamente nas seguintes modalidades:


(subir)



PETROLEO


    O petróleo constitúe uno dos elementos líquidos máis perigosos do planeta, non pola súa natureza en si, senón polo catastrófico uso que del fai o home. A contaminación que provoca maniféstase en varias formas:


    Na extracción: vértese parte do petróleo, directamente ó espazo que rodea a prospección. Isto é especialmente daniño cando se trata de extraccións en mas aberto.

EXTRACCIÓN DE PETROLEO.


    O transporte é especialmente prexudicial e contaminante pola diversidade de situacións e circunstancias que soen acontecer, polos obsoletos e inseguros medios e infraestruturas que interveñen e polas grandes cantidades de cru que se manexan ordinariamente.


    Estas son algunhas das principais consecuencias deste cúmulo de circunstancias:

  Pero ¿que danos produce o vertido ó mar?

  Son abundantes e, na maioría das ocasións, catastróficos. O petróleo, unha vez en contacto coa auga, tenderá a flotar, o que provocará, entre outros, os seguintes efectos:

    A capa de cru remata cubrindo a praia, o que provoca a morte de toda a micro fauna da zoa. Estes microorganismos filtran e renovan a area, asimilando a súa vez materia orgánica. A súa desaparición desencadea o proceso de eutrofización e o deterioro xeral do medio.


(subir)



GAS NATURAL


    Constitúe un tipo de enerxía non renovable, ligado moi directamente á industria do petróleo, aínda que as consecuencias derivadas do seu consumo son menos prexudiciais para o entorno natural. En realidade, debido o seu menor impacto, poderíase utilizar como unha enerxía de tránsito, capaz de substituír con éxito ó carbón e ó petróleo, a curto ou medio prazo, ata acadar un óptimo desenvolvemento e aplicación das enerxías limpas. Isto representaría un freo á dependencia cara a electricidade e o petróleo e unha redución importante na emisión de contaminantes. Analicemos as súas vantaxes e inconvenientes:


       Vantaxes en comparación coas outras fontes enerxéticas:

    Inconvenientes:


(subir)


 

ENERXÍA NUCLEAR


    A tecnoloxía nuclear constitúe actualmente unha espada de Damocles que pende sobre as nosas cabezas. É a fonte enerxética de maior poder, aínda que non a máis rendible. Os seus principais problemas son:

    O estudo do seu impacto ambiental debe levarse a cabo, analizando todo o proceso de produción da enerxía nuclear:


    A extracción mineral provoca a contaminación por:

    O proceso de concentrado e enriquecemento realízase en plantas de tratamento, que xeran idénticos desfeitos que no proceso de extracción, mais en diferentes concentracións. Unha vez enriquecido o Uranio, está en disposición de ser utilizado como combustible en centrais de produción eléctrica nuclear.


    Centrais eléctricas nucleares: o proceso nuclear xera unha gran cantidade de residuos radiactivos, que deben almacenarse nas dependencias da mesma central e en depósitos especiais para material radiactivo. Producen contaminación de augas (coas que se refrixera), terras e aire.


    Reactores nucleares: constitúen unidades enerxéticas móbiles e independentes, xeralmente utilizadas para a propulsión de submarinos e portaavións dos exércitos. O seu perigo potencial é inmenso:


    O risco de accidentes obriga a extremar as precaucións no manexo destas naves, pois unha colisión, significaría a propagación no mundo mariño da contaminación radiactiva.


   O funcionamento destes reactores implica a produción de residuos contaminados, que serán depositados nalgún lugar.


   Risco de explosións á radiación por parte do persoal das naves, debido a neglixencias ou avarías.


   Posible utilización de material bélico nuclear (despois de Hiroshima e Nagashaki, non é necesario explicar os seus posibles efectos).


   De todos é de sobra coñecido o tristemente famoso caso so acelerador de partículas no hospital de Zaragoza. O faio producido na bomba de cobalto provocou a morte de máis de 20 persoas. Este suceso é o suficientemente descritivo, para tomar en consideración a potencial perigosidade dos elementos radiactivos.


    Outra aplicación é a utilización, por parte da industria, de materiais radiactivos para medir densidade, espesura, etc.


    Os perigos que esconden moitos centros de investigación e experimentación nuclear, son tan variados como o tipo de traballo que se leva a cabo neles. E na maioría das ocasións descoñecidos.


    O problema principal que se considera á hora de clausurar esta instalacións é ¿que facer cos residuos radiactivos acumulados durante anos?


    O máis corrente é que os residuos de alta actividade se almacenen en piscinas dentro dos recintos das centrais nucleares e os de baixa e media actividade se envíen a cemiterios nucleares.


    En resumidas contas, a clausura de centros nucleares soe ser máis perigosa e custosa que a súa posta en marcha.


    Como conclusión valga a seguinte reflexión: a manipulación das fontes enerxéticas acentúa a influencia de determinados estratos de poder nas estruturas sociais.


(subir)


volver