CAIXA XERAL DE PROTECCIÓS
Na caixa xeral de proteccións da comezo a instalación eléctrica no interior do edificio. Esta caixa marca a súa vez o límite da propiedade da instalación, entre a compañía subministradora e as instalacións dos aboados. No caso de edificios de un só usuario, a CGP poderá ser substituída por unha caixa de protección e medida CPM.
Natureza do material:
As CGP estarán construídas de material illante, autoextinquible, clase térmica A, segundo a norma UNE 21.305. O grao de protección será como mínimo 417 para caixas situadas no interior e 437 para as situadas no exterior, conforme á norma UNE 20.324.
Disposición en interior:
As caixas irán provistas de bases de fusibles. O neutro situarase á esquerda e estará constituído por unha conexión amovible. As conexión faranse mediante parafusos e estarán previstos para conectar os fíos mediante terminais. A disposición relativa dos parafusos de entrada e saída farase tendo en conta que normalmente a derradeira operación de embornado corresponde á acometida.
Dispositivo de pechamento:
O pechamento das caixas farase mediante parafusos de cabeza triangular de 11 mm de lado e disporá dun orificio de 2 mm de diámetro que permita o paso do fío de precinto da mesma.
Este pechamento estará disposto de tal forma que a súa manobra requira emplear a chave correspondente.
Orificios de entrada e saída:
A entrada e saída de cables farase sempre pola parte inferior. Os orificios previstos ó efecto terán o diámetro adecuado ós cables, cuxas seccións indícanse na táboa de características. Na que se relacionan os tipos seleccionados dentro da recomendación UNESA. As saídas disporán dos dispositivos adecuados (prensa estopas, conos de redución, etc.), que permitan a adecuada estanquidade dos cables.
Indicacións e Marcas: :
As caixas levarán de forma indeleble e facilmente lexible as seguintes indicacións:
Marca e tipo de fabricante.
Intensidade nominal en amperes e tensión nominal en voltios: 440V.
Designación UNESA segundo un dos tipos seleccionados.
Ano de fabricación.
(subir)
CONTADORES ELÉCTRICOS
O contador de enerxía eléctrica é o aparello que contabiliza esta enerxía nas liñas e redes de corrente alterna, tanto monofásica como trifásica.
Dos diferente tipos de enerxía eléctrica para corrente alterna, o contador de indución é o de maior aplicación nas instalacións eléctricas de vivendas e edificios.
Pódese facer unha clasificación dos contadores:
Contador de enerxía activa: este contador rexistra a cantidade de enerxía activa que as empresas subministradoras entregan ó aboado. A unidade de medida é o kilowatio hora (Kwh).
Contador de enerxía reactiva: si na instalación do aboado existen receptores de carácter indutivo, úsase o contador de enerxía para calcular o factor de potencia medio da instalación, a súa unidade é o kilovoltamperio reactivo hora (KVAR h)
Constitución do contador:
Os condensadores utilizados para rexistrar o consumo de enerxía eléctrica teñen que cumprir condicións moi estritas en canto á construción, precisión, elevada estabilidade mecánica, facilidade de axuste e rapidez de montaxe, reguladas todas elas polo regulamento de verificacións eléctricas e o real decreto 875/1984 de 28 de maio.
Como elementos construtivos, distinguimos os seguintes:
Motor de tensión
Motor de intensidade
Disco
Cojinetes
Imán freo
Integrador
Caixa de bornes
Tapa de contador
Organos de regulación
Placa de características
(subir)
CADRO PRIVADO DE MANDO E PROTECCIÓN
É un conxunto de dispositivos situados no inicio da instalación interior cuxa finalidade é a protección, a seguridade e a manobra, e consta dos seguintes elementos (por orde de colocación no cadro):
Interruptor de Control de Potencia (ICP): Instalado pola compañía eléctrica e que está calibrado en función da potencia contratada.
Interruptor Diferencial (ID).
Pequeno Interruptor Automático (PIA), o número igual ó de circuítos interiores e de acordo có grao de electrificación da vivenda.
Estes dispositivos alóxanse no interior dunha caixa que se fixa na parede, de xeito que a súa cara frontal quede completamente libre e accesible.
A fixación do ICP, Interruptor Diferencial e os PIA realízase ó fondo da caixa, e efectúase mediante perfil simétrico (guía) segundo UNE 21822; a suxeición desta guía ou perfil ó fondo da caixa realízase de forma que non sobresaian partes metálicas ó exterior.
O Cadro privado de mando e protección emprazarase nun lugar de fácil acceso, de uso xeral e o máis cerca posible do punto de entrada da derivación individual no local ou vivenda do aboado (MIE BT 016). A súa altura ou distancia ó chan estará comprendida entre 1,5 e 1,8 metros.
(subir)
INTERRUPTOR DIFERENCIAL
Trátase dun dispositivo eléctrico instalado no cadro xeral da vivenda. A súa función é a de desconectar a instalación eléctrica dunha forma rápida cando existe unha fuga a terra, có que a instalación desconectarase antes de que alguén toque o aparello que haxa producido esta fuga. No caso de que unha persoa toque unha parte activa, o interruptor diferencial desconectará a instalación nun tempo o suficientemente curto como para non provocar danos graves á persoa.
A sensibilidade dun interruptor diferencial é un valor que aparece no catálogo e que identifica ó modelo, serve para diferenciar o valor da corrente á que se quere que "salte" o diferencial, é dicir, valor de corrente que si se acada na instalación, esta desconectarase.
As diferentes sensibilidades son:
Moi alta sensibilidade: 10 mA.
Alta sensibilidade: 30 mA.
Sensibilidade normal: 100 e 300 mA.
Baixa sensibilidade: 0,5 e 1 A
O tipo de interruptor diferencial que se usa nas vivendas é de alta sensibilidade (30 mA) ou de moi alta sensibilidade (10 mA), xa que son os que quedan por debaixo do límite considerado perigoso para o corpo humano.
A sensibilidade nun interruptor diferencial, ven marcada como 0,030A.
No mesmo interruptor diferencial pódese observar que hai un botón de proba T (botón Texter), que simula un defecto na instalación e polo tanto ó ser pulsado, a instalación deberá desconectar. É recomendable premer o botón periodicamente.
O interruptor diferencial dispárase cando a intensidade que circula pola fase é distinta á que circula polo neutro, debido á existencia dunha corrente de fuga.
(subir)
INTERRUPTOR MAGNETOTÉRMICO
O interruptor magnetotérmico xurde da unión de dous interruptores, o interruptor térmico e o magnético, como os seus propios nomes indican, ambos mecanismos de protección aproveitan a relación existente entre o fenómeno eléctrico e os dos citados.
O térmico basea o seu funcionamento na diferenza media en que se dilatan os metais como consecuencia dun incremento da súa temperatura, así o paso da corrente a través dun condutor, neste caso un bimetal (dous metais unidos) produce un desprendemento de calor, polo coñecido efecto Joule, así o aumento de temperatura froito deste calor xerado producirá no bimetal composto de dous metais con diferente grao de dilatación unha curvatura, é posible aproveitar esta curvatura para accionar un dispositivo que abra o circuíto ó que protexe este interruptor.
Posto que o fenómeno de arrefriamento ou quentamento dun metal non é instantáneo, a adopción da curvatura tampouco o será, có cal existe unha marxe de tolerancia ó paso dunha intensidade mías alta da nominal á cal funcione o ou os receptores ós que protexe o interruptor, este comportamento faino ideal para a protección de motores, os cales soportan picos de intensidade no seu arranque.
O interruptor aproveita a estreita relación existente entre o fenómeno eléctrico e o magnético. No seu xénese o magnético é moi similar ós antigos contadores de electricidade, constaría dunha ruleta de metal, a cal interrompería un circuíto magnético xerado pola intensidade que alimenta o ou os receptores que queremos protexer. Solidario o eixe de xiro da ruleta unha cuña elevarase ou descenderá en función da intensidade da alimentación, esta cuña será a que accionaría un dispositivo interrompendo o subministro. A diferenza do térmico, a resposta do magnético é moi rápida, o que o converte nun elemento indispensable para a protección de receptores fronte a curtocircuítos.
Para rematar o interruptor magnetotérmico é un dispositivo que conxuga as dúas características anteriores, loxicamente dispoñemos no mercado de diferentes magnetotérmicos con diferentes curvas de actuación (adianto ou atraso do comportamento como térmico ou magnético en función das necesidades dos receptores).
(subir)
Chámase condutor eléctrico ós corpos capaces de conducir ou transmitir electricidade, o cobre constitúe o elemento principal na fabricación de condutores polos seus notables vantaxes de condutividade e baixa resistencia eléctricas, como así mesmo, polas súas propiedades mecánicas.
Materiais para condutores eléctricos:
Cobre duro
Cobre recocido
Aluminio duro
Aluminio Semiduro
(subir)
FUSIBLES
O seu funcionamento é simple, faise pasar toda a electricidade por seccións finas de condutos, de maneira que un aumento indesexado de intensidade, fai que se queime a parte máis débil da instalación, é dicir, o material condutor do fusible, interrompéndose desta maneira o circuíto e evitando males maiores. Para restablecer o servizo será preciso substituír o fusible por outro novo. Actualmente, os fusibles en baixa tensión (menos de 1.000 voltios) practicamente só se utilizan como primeira protección xeral da instalación, quedando instalados na caixa xeral de proteccións, entre a acometida e o contador de consumo eléctrico.
(subir)