A "FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES DE INSTALADORES ELÉCTRICOS Y DE TELECOMUNICACIONES" (FEGASINEL) constituíuse como tal o 27 de Decembro de 1984 de acordo coa lexislación vixente de asociacións profesionais.
FEGASINEL é unha organización empresarial sectorial, na que se agrupan máis de 1000 empresas. Nela intégranse diferentes organizacións empresariais de ámbito provincial.
FEGASINEL
ten definido
como un dos seus obxectivos, ofrecer aos seus
asociados una ampla gama de servizos que en cada momento respondan as
súas necesidades. Progresivamente incorporaranse aqueles que
sexan demandados polo colectivo, ampliando deste xeito as
prestacións.